Muiñeiras

Muiñeira do Pouporón

Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira da miña creación -é o que ten este blog, que de cando en vez vos “ataco” cunha peza miña- titulada Muiñeira do Pouporón.

O título desta peza ven dado polo Camiño do Pouporón, situado en Mesoiro, perto da entrada principal do polígono PO.CO.MA.CO, na Coruña. O meu coñecemento deste camiño chega a través dun escrito que Luis Núñez Calixto, do Barr de Arteixo, fai en Facebook, e por iso a él está adicada.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira do Pouporón RE

Muiñeira do Pouporón DO

Muinheira do Pouporon

 

Pasodobres

¡Viva Lavadores!

Hoxe quero compartir con vós unha nova achega dun colaborador. Estou a falar de Antonio Oliveira Villar, gaiteiro do grupo Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores. A sua afeccion pola gaita venlle de familia, xa que é neto e sobriño neto de Manuel e Xose Oliveira Blanco, os miticos “Morenos de Lavadores”. Xa ten feito algunhas composicions e este pasodobre, “Viva Lavadores”, saido neste presente 2018, é unha homenaxe a esta parroquia viguesa -que foi antigo concello- e da que son naturais os seus devanceiros.

Animádevos con él e a disfrutalo.

¡Viva Lavadores!, pasodobre RE

¡Viva Lavadores!, pasodobre DO

Viva Lavadores, pasodobre