Buxos verdes
A beleza do sinxelo… Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira composta polo gran artesán e gaiteiro Basilio Carril Fernández nado no ano 1914 en Arzúa. De neno trasládase a vivir a Santiago, onde desenrolou toda a súa vida profesional como artesán de instrumentos tradicionais galegos. Tiven a sorte de tocar bastante tempo cun punteiro de Do feito por él, e tamén cun de La, ambos propiedade do meu irmán Manolo, e podo asegurarvos que tiñan algo especial… Moi bo timbre, moi boa afinación, incluso no modo menor, e ese xeito de vibrar entre as mans ó tocar…
Formou parella de gaita durante moitos anos con Xoán Bello Mallou, tanto en Cantigas e Agarimos como en formación de cuarteto.
Por desgracia, Basilio deixounos bastante novo, no ano 1974, á idade de 60 anos.
Neste marabilloso vídeo de principios dos anos 70 producido por Antonio Docampo, podedes ver a Basilio traballando no seu taller da Rúa San Pedro, en Santiago de Compostela.
Animádevos con ela e a disfrutala.