Muiñeiras

Muiñeira do repertorio dos Campaneiros

Nesta ocasión quero compartir con vós outra peza dos meus admirados Campaneiros. Trátase  dunha muiñeira non moi coñecida do repertorio destes grandísimos gaiteiros que consta de tres partes. Ten a particularidade na terceira parte da afinación en intervalo de sexta, Fa grave co Re agudo, falando da escrita en Re (Mi grave co Do agudo falando en Do), non habitual no repertorio do grupo.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira do repertorio de Os Campaneiros RE

Muiñeira do repertorio de Os Campaneiros DO

Muiñeira do repertorio de Os Campaneiros

Valses

Valse galego

Hoxe quero compartir con vós outra peza dos Campaneiros. Nesta ocasión trátase dun valse sen título -ou polo menos eu non llo sei-, pero de gran beleza a pesar do sinxelo.

Nesta peza pódese observar unha singularidade como é o uso do mi grave na primeira parte da peza nun grupo que gustaba tanto do requinteo. Tamén podemos observar o uso dun recurso moi utilizado por eles como é o de manter a tónica pola segunda gaita mentras o da primeira voz iniciaba a seguinte frase. Vese este recurso claramente no comenzo da segunda parte da peza.

Animádevos con el e a disfrutalo,

Valse galego – RE

Valse galego – DO

Valse galego