Muiñeiras

Centelleira nova

Hoxe quero compartir con vós unha nova peza de Xosé Manuel Fernández Costas, “Muxicas”.
Trátase dunha muiñeira titulada “Centelleira nova“, que como o propio autor esplica, “É unha muiñeira que xurdíu, como tantas, exercitando os dedos. De ahí que sexa tan dinámica. En principio tiña soamente as partes en maior, pero cando a escoitou o meu fillo Gabriel díxome que se lle facía escasa, demasiado simple. Así que lle fixen o desenrolo que vai en menor e pasou de ser simplemente “Centelleira” a “Centelleira nova”, que conxuga a dinámica da primitiva co recollemento da parte en menor, para un remate de novo luminoso”.
Animádevos con ela e a disfrutala!

Muiñeiras

Muiñeira do olvido

Hoxe quero compartir con vós unha nova peza do gran gaiteiro nado en A Coruña, Henrique Ambite Montero (1913 – 1998).

Nesta ocasión trátase dunha muiñeira para unha gaita, ben fermosa, adicada polo autor, co motivo do seu pasamento, a Manuel Esmorís, “O Roncha”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira do Olvido – RE

Muiñeira do Olvido – DO

Audio

Muinheira do Olvido
Muiñeiras

Pombañeira

Despois de bastante tempo sen compartir ningunha peza, hoxe quero compartir con vós unha nova peza do meu amigo Ramón Pazos Marcote.

Nesta ocasión trátase dunha muiñeira que leva por título “Pombañeira”, que debe o seu curioso nome, según me explica o propio autor ó seguinte: “Pomba”, por unha canción de Emilio Batallán que estaba a tocar Milladoiro, “Quen puidera namorala”… e foi precisamente nese concerto onde Ramón coñeceu á súa compañeira, e de aí “Ñeira”… e de paso, xa que é unha muiñeira, pois tampouco lle encaixaba mal”.

Moitas grazas a Albino González Pereiro pola transcripción da partitura e a realización do audio.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeiras

Muiñeira de “Bico Fendido”

Hoxe quero compartir con vós unha sinxela pero fermosa muiñeira do repertorio do gaiteiro Manuel López Mera, nado en Rodiño, parroquia de Sergude (Boqueixón) e alcumado “Bico Fendido”, de aí o título da peza.

A transcrición desta peza está feita grazas ós datos aportados por Antonio Raposo Vidal.

Animádevos con ela e a disfrutala

Muiñeira de Bico Fendido – RE

Muiñeira de Bico Fendido – DO

Audio

Muinheira de Bico Fendido

Muiñeiras

Muiñeira de Lardeiros

Hoxe quero compartir con vós unha peza dun magnífico gaiteiro coruñés. Estou a falar de Alexandre Ruiz Vázquez.

Comenzou os seus primeiros pasos no nundo da gaita na A. F. Os Gaiteriños, no coruñés barrio de A Gaiteira e hoxe é un dos gaiteiros no laureado coro da Coruña, Cántigas da Terra. Participaron na súa formación grandísimos mestres como Leonardo Corral, Xosé Casal ou Ricardo Santos.

A peza en cuestión é a Muiñeira de Lardeiros co autor adicou a Xosé Carlos Ponte Mecías, compañeiro del no mencionado coro, e do que chegou a ser Presidente.

Asemade está incluida no segundo traballo de Os Melidaos, “Axudádeme a cantar” do 2012, un dos grupos máis recoñecidos de Galicia na actualidade, e podedes escoitala  interpretada por eles neste enlace.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira de Lardeiros – RE

Muiñeira de Lardeiros – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Muinheira de Lardeiros