Xotas

Jota de José

Hoxe quero compartir con vós un tema clásico do repertorio de Os Montes de Lugo. Trátase da coñecida Jota de José, tamén interpretada no seu día por Xiada da Coruña ou Treixadura, entre outros.

Os Montes nacen en Lugo a mediados dos anos 40 fundado por Francisco Ares López xunto cos seus irmáns Anxo e Daniel. Durante máis de 50 anos levaron a súa música tanto por Galiza como polo resto de España. Do seu bo facer é mostra salientable os numeros premios acadados nos concursos nos que adoitaban participar. Este bo facer situaos como un dos grupos senlleiros en Lugo durante o século XX. Non quero deixar de mencionar ca nómina de integrantes de Os Montes é longa é importante ó largo do tempo, xa que hai que ter en conta que perdurou ata o ano 2000, sendo un dos integrantes destacados o coñecido gaiteiro e artesán Antón Corral, dende mediados dos 50 ata o ano 1975.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Jota de José – RE

Jota de José – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Jota_de_Jose

Xotas

Xota contra Pampín

Hoxe quero compartir con vós unha peza dun novo colaborador do blog: trátase de Xesús Rodríguez Callejón. Nesta ocasión, que agardo que nos sexa a derradeira, é unha fermosa xota que leva por título Xota contra Pampín.

Xesús Rodríguez Callejón do concello de Teo (A Coruña) comezou a tocar gaita no ano 1999 coa mestre Monica Calvo, filla do artesán de gaitas Francisco Calvo, no concello de Carballo (A Coruña).
Despois de dous anos de formación continúa a súa carreira musical de xeito autodidacta.

Ao longo da súa carreira desenvolveu a súa faceta coma compositor e colaborou con numerosas agrupacións, entre elas cabe destacar a “Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela” .

Hai un vídeo da peza tocada maxistralmente polo autor, no Facebook, pero non sei se todo o mundo terá acceso ó grupo para pode-lo ver.

No ano 2013 comezou a concursar gañando numerosos concursos como:

-“Selección de Gaiteiros Galegos para o McCrimmon”
-“Concurso de Gaitas de Ponteareas”
-“Concurso de Gaita e Tamboril de Tui”.
-“Concurso de Musica tradicional de Luou”.
-“Concurso de Musica tradicional Fogo Fatuo de Rianxo”.

Na actualidade é mestre de gaita e percusión e imparte cursos e masterclass ao longo da xeografía galega formando parte do profesorado de cursos tan prestixiosos coma o “Curso de Cultura Tradicional Galega” de Cantigas e Frores (Lugo).

Xota contra Pampín – RE

Xota contra Pampín – DO

Xota_contra Pampin

Xotas

Jota dos dous amigos gaiteiros

Hoxe quero compartir con vós outra peza de Xosé Manuel Fernadez Costas “Muxicas”. Nesta ocasión trátase dunha fermosa xota titulada Jota dos dous amigos amigos gaiteiros.

Podedes atopar a Xosé Manuel tamén moi activo no seu Facebook.

Xosé Manuel  explícanos de primeira man o por qué deste título: “Púxenlle ese nome porque me pareceu que hai que ser moi amigos para tocala. Porque é totalmente complementaria. Unha parte redondea a outra, e viceversa. E iso somente consíguese cando hai un vencello forte”.

Podedes ver a maxistral interpretación que fan da peza Alfonso Cheda e Ton Touza na súa Canle de Youtube Nós Os Outros.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Jota dos dous amigos gaiteiros – RE

Jota dos dous amigos gaiteiros – DO

Xota para dous amigos gaiteiros

Xotas

Xota da sardiña

Hoxe quero compartir con vós unha achega dun novo colaborador do blog: Albino González Pereiro, nado no Porriño no ano 1976.

Trátase dunha xota titulada Xota da sardiña que é a primeira achega, mais agardo que non a derradeira.

Así que teña a ben presentarse a si mesmo:
“Pois que dicir de min.. levo dende os 18 anos tocando e veño do mundo tradional e popular. Agora estou rematando os estudos de Grao Profesional para Gaita Galega, e gustariame compartir as miñas tolerias que xurden na cachola… para que a xentiña baile, toque, e desfrute, como sempre foi…”

Recordade que para proceder á descarga da partitura tedes que clicar nos enlaces de abaixo, non na figura da partitura.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Xota da sardiña – RE

Xota da sardiña – DO

Xota da sardiña

Xotas

A Calexa

Hoxe quero compartir con vós unha peza composta por un dos grandes gaiteiros da Coruña, Pepe Temprano Castro. Trátase dunha xota titulada A Calexa, chamada deste xeito en honor á Calexa de Eirís, na Coruña, onde radicaba a casa familiar de Pepe. Tamén comentar que está adicada polo autor a Marcelino Vázquez Fernández, coñecido gaiteiro e palleteiro residente na Coruña. Graciñas Antón Raposo pola información.

Animádevos con ela e a disfrutala.

A Calexa (RE)

A Calexa (DO)

A Calexa