Fandangos

Fandango para dúas gaitas

Hoxe quero compartir con vós unha peza do coñecido artista Xosé Casal. Nado no Concello de Curtis no ano 1942, non só destacou como gaiteiro, senón tamén como pintor, escultor, cantante, compositor e incluso como artesán de gaitas, moitas delas cunhas tallas espectaculares. Tamén destacou moito na sua faceta como director de coros, orfeóns, rondallas, etc, por non falar do recoñecido cuarteto Brisas da Cruña, formado por Miguel Anxo López Paradela e él mesmo nas gaitas e Manolito e Antón Ambite no tamboril e no bombo.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Fandango para dúas gaitas, Xosé Casal

fandango-para-duas-gaitas-xose-casal

Alboradas

Alborada de Curtis

Hoxe imos cunha das miñas pezas favoritas: a Alborada de Curtis, de Xosé Casal. É unha das pezas que mais tempo leva no meu repertorio, xa dende os tempos de Brisas do Mar, onde tocaba co meu irmán Manolo, e non había alborada que non escomenzase con esta fermosa peza. Esta partitura está editada tal como a escribiu o autor, respetando a ornamentación proposta por él.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Alborada de Curtis, Xosé Casal

alborada-de-curtis-xose-casal