Marchas procesionais

Marcha procesional de Zamáns

Hoxe quero compartir con vós unha peza do xenial Xosé Manuel Fernández Costas, “Muxicas”.

Trátase dunha fermosa marcha procesional que está incluida na rapsodia titulada “Un paseo por Zamáns”

Animádevos con ela e a disfrutala.

Marchas procesionais

San Roque´s dog

Hoxe quero compartir con vós unha nova colaboración de Albino González Pereiro.

Nesta ocasión trátase dunha marcha de procesión titulada San Roque´s dog, que foi composta, según relata o propio autor, “recordando aquelas procesións que de neno, na carballeira de San Roque (Vigo), onde ano tras ano, fun detrás do Can de San Roquiño; moito ollaba para el, e mira ti por onde…”

Peza adicada o Can de San Roque composta o 29 de xullo do 2016.

San Roque’s dog – RE

San Roque’s dog – DO

Podedes escoitala tocada de forma maxistral polo autor na súa canle de Youtube

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

San Roque´s dog

Marchas procesionais

Marcha de procesión de San Cristovo de Dormeá

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa peza composta polo gran gaiteiro, grandísimo cantante pero sobre todo meu amigo, Antonio Raposo Vidal. Trátase da Marcha de procesión de San Cristovo de Dormeá, (Boimorto), adicada polo autor ós veciños desta parroquia.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Marcha de procesión de San Cristovo de Dormeá (RE)

Marcha de procesión de San Cristovo de Dormeá (DO)

Marcha de procesión de San Cristovo de Dormeá