Foliadas

Foliada da Lúa

Hoxe quero compartir con vós outra peza do repertorio de Os Melidaos composta por Antonio Raposo Vidal. Trátase dunha foliada titulada Foliada da Lúa.

Atópase incluida no cuarto traballo do grupo, “Tribo Nosa”, que podedes atopar neste enlace.

“Con lúa crecente,
miraches, mireite.
No cuarto minguante,
tereite diante”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada da Lúa – RE

Foliada da Lúa – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitar esta foliada interpretada por Os Melidaos neste enlace.

Foliada da lua

Pasodobres

Manueliño

Hoxe quero compartir con vós outra peza do repertorio de Os Melidaos composta por Antonio Raposo Vidal. Trátase dun pasodobre titulado Manueliño, adicada polo autor ó seu fillo Manuel, de aí o seu título.

Atópase incluido no cuarto traballo do grupo, “Tribo Nosa”, que podedes atopar neste enlace.

Animádevos con el e a disfrutalo.

Manueliño – RE

Manueliño – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitar este pasodobre interpretado por Os Melidaos neste enlace.

Manuelinho

Foliadas

Micaela

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa foliada de Antonio Raposo Vidal, gaiteiro, cantante, frautista, compositor e unha das figuras máis importantes de “Os Melidaos”.

Trátase dunha foliada titulada Micaela e que está inspirada no segundo lance da obra “Os vellos non deben de namorarse”, de Don Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, estreada en Buenos Aires no ano 1941.

Esta peza está incluida no cuarto CD do grupo, “Tribo Nosa”, no que se incluen 15 fermosos temas, case todos compostos pola man de Antonio, e que podedes atopar neste enlace.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Micaela – RE

Micaela – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitala interpretada por Os Melidaos  neste enlace.

Micaela