Polcas

Polca para Erica

Onte tivemos coñecemento da luctuosa nova do pasamento dun grande da nosa cultura, Antón Varela Cachaza, nado en Ferrol no ano 1955. Antón foi gaiteiro, artesán de instrumentos tradicionais, compositor, etc. Participou en varias das máis recoñecidas agrupacións do noso país, como por exemplo Os Raparigos, Berros do Castro, Cempés…

Desde aquí quero aportar o meu pequeno gran de area na merecida homenaxe a este grande home publicando unha peza da súa autoria: a Polca para Erica.

Animádevos con ela e a disfrutala, que de seguro faremos feliz ó seu autor.

Podedes escoitala tocada polo autor aquí.

Polca para Erica (RE)

Polca para Erica (DO)

Polca para Erica

Polcas

Polca do Bliadoiro

Hoxe quero compartir con vós unha polca do repertorio de Os Areeiras de Catoira titulada “Polca do Bliadoiro”.

Ramón Sumay forma Os Areeiras de Catoira no ano 1940, nome que fai referencia ó lugar de O Areal, de onde procedía a familia. A formación inicial completábase con Tito Sumay na gaita, Agustín Sumay na caixa e Alfonso Díez, “O Zapateiro”, no bombo.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Polca do Bliadoiro, do repertorio de Os Areeiras de Catoira

polca-do-bliadoiro-rep-os-areeiras-de-catoira