Muiñeiras

Pombañeira

Despois de bastante tempo sen compartir ningunha peza, hoxe quero compartir con vós unha nova peza do meu amigo Ramón Pazos Marcote.

Nesta ocasión trátase dunha muiñeira que leva por título “Pombañeira”, que debe o seu curioso nome, según me explica o propio autor ó seguinte: “Pomba”, por unha canción de Emilio Batallán que estaba a tocar Milladoiro, “Quen puidera namorala”… e foi precisamente nese concerto onde Ramón coñeceu á súa compañeira, e de aí “Ñeira”… e de paso, xa que é unha muiñeira, pois tampouco lle encaixaba mal”.

Moitas grazas a Albino González Pereiro pola transcripción da partitura e a realización do audio.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Pasodobres

Ximauma

Hoxe quero compartir con vós unha nova peza de Ramón Pazos Marcote.

Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “Ximauma“.
Esta incluido no primeiro traballo de Abróbriga, que leva por título “Foliada en Baiona” e está adicado polo autor ós seus fillos Mauro e Marta.

Quero agradecer a Albino González Pereiro a seu traballo, tanto na edición das partituras como na xeración dos arquivos de audio.

Podedes atopar os discos de Abróbiga neste enlace.

Animádevos con el e a disfrutalo.

Ximauma – RE

Ximauma – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Ximauma

Muiñeiras

Muiñeira das entretelas

Hoxe quero compartir con vós unha peza dun novo colaborador deste voso blog, Estou a falar do gaiteiro Ramón A. Pazos Marcote, nacido en Baiona e compoñente de Abóbriga. Trátase dunha muiñeira moi xeitosa titulada Muiñeira das entretelas, adicada polo autor ós seus pais, Sito e Ramona. A peza debe o nome á profesión dos pais de Ramón, xastre e costureira, e que tamén acabou marcando a vida profesional de Ramón, quen se dedica a venda de telas. Toda unha vida de entretelas e entre telas.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira das entretelas RE – Ramón A. Pazos Marcote

Muiñeira das entretelas DO – Ramón A. Pazos Marcote

Muinheira das entretelas