Hoxe quero compartir con vós unha peza dun novo colaborador deste voso blog, Estou a falar do gaiteiro Ramón A. Pazos Marcote, nacido en Baiona e compoñente de Abóbriga. Trátase dunha muiñeira moi xeitosa titulada Muiñeira das entretelas, adicada polo autor ós seus pais, Sito e Ramona. A peza debe o nome á profesión dos pais de Ramón, xastre e costureira, e que tamén acabou marcando a vida profesional de Ramón, quen se dedica a venda de telas. Toda unha vida de entretelas e entre telas.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Muiñeira das entretelas RE – Ramón A. Pazos Marcote
Muiñeira das entretelas DO – Ramón A. Pazos Marcote