Foliadas

Foliada de Celas de Peiro

Hoxe quero compartir con vós unha foliada tradicional titulada Foliada de Celas de Peiro. Nesta ocasión non teño coñecemento da letra desta peza, así que se alguén pode aportala, estarei moi agradecido e por suposto será posta a disposición de todos e todas neste blog.

No día de hoxe, e por xentileza de Santiago Novo Rey que ma enviou, comparto con vós a letra da Foliada de Celas de Peiro. ¡Moitas grazas, Santi!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada de Celas de Peiro, tradicional

foliada-de-celas-de-peiro-tradicional

Danzas

Danza das Burgas

Hoxe imos cunha fermosísima peza que a min encántame tocar: a Danza das Burgas.

A partitura está feita para tres gaitas, pero no caso de tocar somentes con dúas, adóitase facer da seguinte maneira: a gaita que fai a voz grave (2ª), na segunda parte da peza, toca o dúo por terceiras na primera vez e na repetición a variante.

Convén recordar que non estamos a falar dun pasodobre, senón unha danza de carácter señorial polo que debemos tocala á velocidade edecuada para o tipo de peza que é.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Danza das Burgas, tradicional

danza-das-burgas-tradicional