Foliadas

Foliada de Celas de Peiro

Hoxe quero compartir con vós unha foliada tradicional titulada Foliada de Celas de Peiro. Nesta ocasión non teño coñecemento da letra desta peza, así que se alguén pode aportala, estarei moi agradecido e por suposto será posta a disposición de todos e todas neste blog.

No día de hoxe, e por xentileza de Santiago Novo Rey que ma enviou, comparto con vós a letra da Foliada de Celas de Peiro. ¡Moitas grazas, Santi!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada de Celas de Peiro, tradicional

foliada-de-celas-de-peiro-tradicional

Unha idea sobre “Foliada de Celas de Peiro

  1. O que canta miña nai:

    (Retrouso): Veñen as rapazas de Celas de Peiro
    Polas corredoiras co tamborileiro
    As nenas cantando van polo camiño
    E tocando a gaita vai o gaiteiriño
    (Coplas):
    -O muiño de Rosiña
    Móeche moi remillado
    Pide Farruco a fariña
    Rosiña dalle o salvado.
    -Dentro dunha marisqueira
    Choraba un berberechiño
    Porque era tan grande a vieira
    E él era tan pequeniño.
    -O amor da costureira
    Era papel e mollouse
    Agora costureiriña
    O teu amor acabouse.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.