Alboradas

Unha noite no Santo Cristo

Hoxe imos cunha alborada do compositor Hixinio Cambeses Carreira (1900-1949), nado en Antas, lugar do Concello de A Lama (Pontevedra). Trátase da Alborada da Rapsodia para Orquesta “A noite do Santo Cristo”. Por mais que quixen ver a obra orixinal, no fun quen de atopala, polo que non sei o grado de exactitude desta versión de Os Campaneiros de Vilagarcía co orixinal. O que teño claro e que a peza que interpretaban estes grandísimos gaiteiros era moi fermosa.

Se alguén ten datos que podan aclarar a “polémica” desta peza prégolle nolos faga saber para poder aportalos no blog. Grazas.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Unha noite no Santo Cristo

unha-noite-no-santo-crisro