Marchas

O Rompedouro

Hoxe -e despóis dun tempo inactivo- quero compartir con vos unha peza do Gran Mestre Henrique Otero Covelo.

Nesta ocasión trátase dunha fermosa marcha composta polo autor no ano 1978.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Recordade ca imaxe é soio un “adorno” na páxina; para obter a partitura hai que premer no enlace de abaixo:

O Rompedouro Re

O Rompedouro Do

O Rompedouro

 

Marchas · Muiñeiras

Farruquiña, chaman á porta

Hoxe quero compartir con vós unha peza clásica do repertorio gaiteiro: trátase dunha marcha-muiñeira titulada “Farruquiña, chaman á porta”, dos insignes “Gaiteiros de Soutelo de Montes”

Avelino Cachafeiro Bugallo (26 de mayo de 1899 – 13 de abril de 1972), coñecido polo alcume de “O Gaiteiro de Soutelo”, nace en Soutelo de Montes, concello de Forcarei, Pontevedra. De familia de gaiteiros, foi o fundador  e alma máter de Os Gaiteiros de Soutelo cos que percorreu toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil, Barcelona ou Madrid. Tamén temos constancia da sua inmensa calidade ó conservarse varias grabacións de pezas do seu repertorio.

O grupo estaba formado polos seus irmáns Castor na gaita, Bautista na caixa e o seu pai Fermín no bombo. Tamén solía unirse a eles a súa tía Andrea co pandeiro.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Farruquiña, chaman á porta, do repertorio de Os Gaiteiros de Soutelo

Farruquiña, chaman a porta, do repertorio de Os Gaiteiros de Soutelo

Marchas

¡Adeus!, Marcha Fúnebre

Hoxe quero compartir con todas e todos vós unha peza miña que para min ten un carácter moi especial: é a única marcha fúnebre para gaita que coñezo.

Gostaríame adicala a todas e todos as/os que se foron neste mundo da gaita.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

¡Adeus!, Marcha Fúnebre – Roberto Caridad Otero

adeus-marcha-funebre-roberto-caridad-otero

Marchas

O Camiño da Mota

Hoxe imos con outra peza miña: unha marcha con dúas partes, unha en 2/4 e outra en 6/8 e adicada á Romeria da Mota, festa moi coñecida que se celebra na Carballeira da Mota, no Concello de Arzúa, moi perto das casas familiares paterna e materna da miña muller.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

O Camiño da Mota, marcha – Roberto Caridad Otero

camino-da-mota-marcha-roberto-caridad-otero