Hoxe -e despóis dun tempo inactivo- quero compartir con vos unha peza do Gran Mestre Henrique Otero Covelo.
Nesta ocasión trátase dunha fermosa marcha composta polo autor no ano 1978.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Recordade ca imaxe é soio un “adorno” na páxina; para obter a partitura hai que premer no enlace de abaixo:
fermosa peza do mestre, recordo ainda o día que me contou de onde saiu a inspiracion pra esta peza e para seu titulo O ROMPEDOURO, nesa conversa dixo que perto do meu pobo Baiona ,camiño da Guarda, nun fermoso lusco e fusco sobre unha gran rocha rompía o mar fortemente e e rompía o sol contra ela tamén.
GústameLiked by 1 person