Contiños da Feira

Hoxe quero presentarvos o grupo no que estou a tocar actualmente e co que estou moi ilusionado.

Como poderedes adiviñar chámase “Contiños da Feira” e é de reciente creación, anque @s membros xa levamos moito tempo neste “mundiño” da Música Tradicional.

Contiños da Feira está formado por:

Pilar Pérez Sanjurjo, máis coñecida como “Pili da Ponte” que é a encargada de “manexar” maxistralmente o bombo, cantar e tamén de facer bonitas letras para as pezas que así o requiren.

Fernando Hernánz García, no tamboril. ¿Que dicir deste monstro da percusión? Pois a verdade penso que se digo que era o tamborileiro dun grupo mítico da Coruña, e da Galiza enteira, como Xiada, pois xa teño o traballo feito e non é necesario dicir nada máis. Bueno, si, que tamén canta de vez en cando…

Ana Antònio Souto, Nitinha, na pandeireta e nas voces. Mestra de baile, canto e pandeireta en Aturuxo durante varias décadas e aportando o seu traballo tamén tanto en recollidas como en mostras ó longo tanto da xeografía española como doutros paises.

Alexandre Ruiz Vázquez, na gaita, requinta e pandeireta. Tamén aporta a súa faceta como compositor e letrista ó grupo… vamos, unha verdadeira “xoia”.

Antonio García Barbeito, na gaita. Gaitero titular en Gaiteiriños, Xacarandaina e Aturuxo. Tamén foi o gaiteiro do grupo folk Ca Lúa. Na actualidade compaxina a sua labor como gaiteiro tanto en Aturuxo como en Contiños da Feira.

Roberto Caridad Otero, na gaita e na pandeireta. Tamén aporta algunhas das súas composicións ó repertorio do grupo.

Os nosos teléfonos para contratación son: 620850422 ou 647501717

Visítanos -e séguenos, se che presta- na nosa páxina de Facebook ou no noso Instagram