Fandangos

Fandango para dúas gaitas

Hoxe quero compartir con vós unha peza do coñecido artista Xosé Casal. Nado no Concello de Curtis no ano 1942, non só destacou como gaiteiro, senón tamén como pintor, escultor, cantante, compositor e incluso como artesán de gaitas, moitas delas cunhas tallas espectaculares. Tamén destacou moito na sua faceta como director de coros, orfeóns, rondallas, etc, por non falar do recoñecido cuarteto Brisas da Cruña, formado por Miguel Anxo López Paradela e él mesmo nas gaitas e Manolito e Antón Ambite no tamboril e no bombo.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Fandango para dúas gaitas, Xosé Casal

fandango-para-duas-gaitas-xose-casal

Fandangos

Pra ningures

Hoxe quero compartir con vós outra peza do afamado “Gaiteiro Nubeiro”. Nesta ocasión trátase do fandango galego “Pra ningures”, composto por Raúl Galego García no ano 1981.

Como ben sabedes, Raúl naceu en San Pedro de Ferreiroa, Agolada (Pontevedra), pero leva moitos anos vivindo na Coruña, anque viaxando por toda Galiza -diría mais ben por todo o mundo- espallando a nosa cultura.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Pra ningures, fandango – Raúl Galego

pra-ningures-fandango-raul-galego