Centelleira nova
Hoxe quero compartir con vós unha nova peza de Xosé Manuel Fernández Costas, “Muxicas”.
Trátase dunha muiñeira titulada “Centelleira nova“, que como o propio autor esplica, “É unha muiñeira que xurdíu, como tantas, exercitando os dedos. De ahí que sexa tan dinámica. En principio tiña soamente as partes en maior, pero cando a escoitou o meu fillo Gabriel díxome que se lle facía escasa, demasiado simple. Así que lle fixen o desenrolo que vai en menor e pasou de ser simplemente “Centelleira” a “Centelleira nova”, que conxuga a dinámica da primitiva co recollemento da parte en menor, para un remate de novo luminoso”.
Animádevos con ela e a disfrutala!