Hoxe quero compartir con vós outra peza de Xosé Manuel Fernadez Costas “Muxicas”. Nesta ocasión trátase dunha fermosa xota titulada Jota dos dous amigos amigos gaiteiros.
Podedes atopar a Xosé Manuel tamén moi activo no seu Facebook.
Xosé Manuel explícanos de primeira man o por qué deste título: “Púxenlle ese nome porque me pareceu que hai que ser moi amigos para tocala. Porque é totalmente complementaria. Unha parte redondea a outra, e viceversa. E iso somente consíguese cando hai un vencello forte”.
Podedes ver a maxistral interpretación que fan da peza Alfonso Cheda e Ton Touza na súa Canle de Youtube Nós Os Outros.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Jota dos dous amigos gaiteiros – RE
Jota dos dous amigos gaiteiros – DO