Xota do Cepal
Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Nesta ocasión trátase dunha xota de dúas partes que leva por título o nome do lugar onde vivo.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Nesta ocasión trátase dunha xota de dúas partes que leva por título o nome do lugar onde vivo.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Hoxe, no día en que se celebra un xantar-homenaxe a Pepe Temprano Castro, organizado pola Asociación Cultural Alén do Mar de Bergondo, quero aportar o meu gran de area a esta homenaxe publicando unha peza composta por esta gran persoa e gaiteiro.
¡Vai por ti, Pepe!
Animádevos con ela e a disfrutala.
Xota de Beigondo, Pepe Temprano Castro
Hoxe quero compartir con vós unha xota moi axeitada para o tempo de Entroido no que andamos: “Aires de Carnaval”, dos grandísimos Campaneiros de Vilagarcía.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Aires de Carnaval, xota – rep. Os Campaneiros de Vilagarcía
Hoxe quero compartir con vós unha fermosa xota composta por Miguel A. López Paradela. Trátase da xa bastante coñecida Xota de Paradela, dedicada por Miguel Anxo o seu coñecido tío Francisco “Farruco” Paradela, (A Coruña, 1909-2009).
Este enlace condúcevos ó blog persoal de Miguel Anxo, onde podedes obter mais datos sobre a súa vida.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Xota de Paradela, Miguel Anxo López Paradela
Hoxe quero compartir con vós unha xota do gran gaiteiro e compositor Henrique Otero Covelo, “O Gaiteiro do Fragoso”, titulada “Lembranzas do gaiteiro”.
Henrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), foi fundador do cuarteto “Os Cruceiros” -entre outros-, onde forma “parella de gaita” con Xesús Portela, acadando moita sona con él. No ano 1971 convírtese no primeiro mestre de gaita do Conservatorio de Vigo.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Lembranzas do gaiteiro, xota – Henrique Otero Covelo