Pasodobres

Manueliño

Hoxe quero compartir con vós outra peza do repertorio de Os Melidaos composta por Antonio Raposo Vidal. Trátase dun pasodobre titulado Manueliño, adicada polo autor ó seu fillo Manuel, de aí o seu título.

Atópase incluido no cuarto traballo do grupo, “Tribo Nosa”, que podedes atopar neste enlace.

Animádevos con el e a disfrutalo.

Manueliño – RE

Manueliño – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitar este pasodobre interpretado por Os Melidaos neste enlace.

Manuelinho

Valses

Valse do Incio

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa peza titulada Valse do Incio, da que a verdade é que non teño apenas datos, salvo os aportados por Manuel Ángel Rodríquez Novoa. Eu coñecín a peza a traves dunha interpretacion que dela fixeron Manuel Ángel e o seu compañeiro Marcos Fariña Paz e gustoume tanto que lle pedín a partitura que moi amablemente me mandou.

Eles a tocan a dúo, aunque parece ser que nun principio a peza é para unha gaita soa. Eu trancribín soamente a voz orixinal da peza, sen o dúo.

Animádevos con el e a disfrutalo.

Valse do Incio – RE

Valse do Incio – DO

Audio

Valse do Incio

 

Muiñeiras

Muiñeira da Bretoña

Hoxe quero compartir con vós outra peza do repertorio do Gaiteiro da Bretoña, Daniel Méndez Coroas, “Daniel do Roxo”. Nesta ocasión trátase dunha muiñeira de dúas partes, sinxela e ben fermosa titulada Muiñeira da Bretoña.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira da Bretoña – RE

Muiñeira da Bretoña – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Muinheira da Bretonha

Muiñeiras

Pensamento ferrolán

Hoxe quero compartir con vós outra peza miña… é o que ten estar tanto tempo encerrado na casa.

Nesta ocasión trátase dunha muiñeira de tres partes e está adicada ás miñas primas e primo de Ferrol.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Pensamento ferrolan – RE

Pensamento ferrolan – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Pensamento ferrolan

Muiñeiras

Um ghaiteiro em Moçambique

Hoxe quero compartir con vós unha peza do gaiteiro e percusionista coruñés Luis García Corral. Trátase dunha muiñeira ben fermosa e “exotica”, tanto polo título -Um ghaiteiro em Moçambique- como polo lugar de composición: Tete, en  Moçambique no ano 2004, e que está adicada polo autor in memoriam do seu tío misioneiro Luis García Castro.

Luis García Corral, nado en A Coruña no ano 1977, inicia a súa formación musical ós oito anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, cursando estudios de clarinete.

De 1995 a 2008 é tenor 1º na Coral Polifónica “Follas Novas” da Coruña, actuando como solista nalgunha ocasión. De 1995 a 1999 exerce como monitor de coro no Colexio Público “María Barbeito” de A Coruña.. Deste proxecto xurde a Coral Municipal Infantil, que acompaña instrumentalmente nalgunha ocasión.

Adéntrase na música tradicional galega asistindo durante varios anos a clases de gaita na Asociación Xuvenil “Xacarandaina” e a clases de pandeireta na A.X.C. “Arestora”.

Cabe resaltar a súa inquietude pola percusión tradicional galega de maneira autodidacta: bombo, bombo con pratos, tamboril, etc. e pola doutras culturas: djembe, darbouka, batuqui, hang-drum, etc.

Tamén colabora en diversas gravacións discográficas locais.

Dende 2002 ata a actualidade é membro – fundador do grupo folc coruñés Tiruleque, co que percorre a xeografía galega, nacional e internacional, participando, por exemplo no Festival do Mundo Celta de Ortigueira; Pardiñas; Beltaine-Avilés Intercélticu ou o Intercéltico de Lorient.

Tamén formou parte de grupos de diferentes estilos musicais como “Acorralados”, “Arume”, “Lumieira”, “Xirtam” ou “Landrú”.

Asimesmo, posúe grande experiencia en actuacións en directo, encontros, festivais, certames e concursos de música coas formacións nas que tomou e toma parte.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Um ghaiteiro em Moçambique – RE

Um ghaiteiro em Moçambique – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podes escoitala interpretada polo propio autor neste enlace.

Um ghaiteiro em Moçambique