Hoxe quero compartir con vós unha fermosa peza titulada Valse do Incio, da que a verdade é que non teño apenas datos, salvo os aportados por Manuel Ángel Rodríquez Novoa. Eu coñecín a peza a traves dunha interpretacion que dela fixeron Manuel Ángel e o seu compañeiro Marcos Fariña Paz e gustoume tanto que lle pedín a partitura que moi amablemente me mandou.
Eles a tocan a dúo, aunque parece ser que nun principio a peza é para unha gaita soa. Eu trancribín soamente a voz orixinal da peza, sen o dúo.
Animádevos con el e a disfrutalo.
Audio