Hoxe quero compartir con vós unha peza do gaiteiro e percusionista coruñés Luis García Corral. Trátase dunha muiñeira ben fermosa e “exotica”, tanto polo título -Um ghaiteiro em Moçambique- como polo lugar de composición: Tete, en Moçambique no ano 2004, e que está adicada polo autor in memoriam do seu tío misioneiro Luis García Castro.
Luis García Corral, nado en A Coruña no ano 1977, inicia a súa formación musical ós oito anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, cursando estudios de clarinete.
De 1995 a 2008 é tenor 1º na Coral Polifónica “Follas Novas” da Coruña, actuando como solista nalgunha ocasión. De 1995 a 1999 exerce como monitor de coro no Colexio Público “María Barbeito” de A Coruña.. Deste proxecto xurde a Coral Municipal Infantil, que acompaña instrumentalmente nalgunha ocasión.
Adéntrase na música tradicional galega asistindo durante varios anos a clases de gaita na Asociación Xuvenil “Xacarandaina” e a clases de pandeireta na A.X.C. “Arestora”.
Cabe resaltar a súa inquietude pola percusión tradicional galega de maneira autodidacta: bombo, bombo con pratos, tamboril, etc. e pola doutras culturas: djembe, darbouka, batuqui, hang-drum, etc.
Tamén colabora en diversas gravacións discográficas locais.
Dende 2002 ata a actualidade é membro – fundador do grupo folc coruñés Tiruleque, co que percorre a xeografía galega, nacional e internacional, participando, por exemplo no Festival do Mundo Celta de Ortigueira; Pardiñas; Beltaine-Avilés Intercélticu ou o Intercéltico de Lorient.
Tamén formou parte de grupos de diferentes estilos musicais como “Acorralados”, “Arume”, “Lumieira”, “Xirtam” ou “Landrú”.
Asimesmo, posúe grande experiencia en actuacións en directo, encontros, festivais, certames e concursos de música coas formacións nas que tomou e toma parte.
Animádevos con ela e a disfrutala.
Um ghaiteiro em Moçambique – RE
Um ghaiteiro em Moçambique – DO
Primeira voz
Segunda voz
Dúo
Podes escoitala interpretada polo propio autor neste enlace.
Es todo un Crack en muchos aspectos, cómo músico y persona.
GústameGústame