Foliadas

Foliada de Celas de Peiro

Hoxe quero compartir con vós unha foliada tradicional titulada Foliada de Celas de Peiro. Nesta ocasión non teño coñecemento da letra desta peza, así que se alguén pode aportala, estarei moi agradecido e por suposto será posta a disposición de todos e todas neste blog.

No día de hoxe, e por xentileza de Santiago Novo Rey que ma enviou, comparto con vós a letra da Foliada de Celas de Peiro. ¡Moitas grazas, Santi!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada de Celas de Peiro, tradicional

foliada-de-celas-de-peiro-tradicional

Muiñeiras

Loliña

Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira do músico, compositor e director de banda e coro, Rosendo Mato Hermida (Vilalba, 1914 – Santiago, 1994). Foi o Director da Banda de Arca, unha das de mais sona de Galiza durante nada menos que vinte anos, compaxinando a súa dirección ca dirección do coro Cantigas e Agarimos, de Santiago, ata o ano 1970 no que asume a dirección do Coro de maneira permanente tras deixar o seu cargo na Banda de Arca. Entre  as súas obras mais destacadas compre suliñar “Lela”, composta polo maestro Mato Hermida para musicar unha escea de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, estreada polo Grupo de Teatro Galego de Cantigas e Agarimos, por primeira vez en Europa -o seu estreno mundial foi en Bos Aires no ano 1941- o 25 de xullo de 1961 en Santiago.

Rosendo Mato Hermida  compuxo esta fermosa muiñeira de título “Loliña” para se-la peza obrigatoria no Concurso Rexional de Gaitas celebrado en Santiago no ano 1970.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Loliña – RE

Loliña – DO

lolinha-muinheira-rosendo-mato-hermida

Alboradas

Xaviña

Hoxe quero compartir con vós unha peza do coñecidísimo músico, Eduardo Méndez Baamonde, mais coñecido como “Dubi”. Trátase dunha alborada titulada “Xaviña” e está adicada polo autor ó grupo “Abrindo rejo” de Santa María de Xaviña de  Camariñas.

Eduardo “Dubi” Méndez Baamonde é un músico galego residente en A Coruña, que procura afondar nun estilo persoal tanto na música tradicional como no jazz condicionado ou libre. Só unha cousa clara: non quer soar como un gringo.

https://www.youtube.com/watch?v=zrYUJJqUqt0

Como intérprete dedica-se principalmente á gaita galega, requinta e percusión tradicionais; e diferentes flautas e saxofones tenor e soprano no jazz; aínda que as fronteiras entre ambas músicas se difuminan às veces…non é casual que un blues fose cantado como un grito de liberdade numa plantaciónde algodón americana, como música tradicional; ou que os gaiteiros de A Fonsagrada improvisasen seguindo os pontos do baile, como no jazz.

https://www.youtube.com/watch?v=TR5Ueh-4cJk

http://palavracomum.com/2014/05/14/presentacion-da-orquestra-de-musica-tradicional-galega/

Outros aspectos nos que traballa son principalmente o do ensino e a composición musical.

¡Graciñas Dubi pola achega!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Xaviña, alborada – “Dubi” Méndez Baamonde

xavina-alborada-eduardo-mendez-baamonde-dubi

Pasodobres

Ventosiño

Hoxe quero compartir con vós outra peza do mestre Henrique Otero Covelo. Nesta ocasión trátase dun pasodobre-marcha titulado Ventosiño.

Esta partitura é fiel copia do  orixinal do autor e realizada por unha das súas alumnas máis avantaxadas, María Xosé López Villar.

A primeira parte da peza, a pesar de ter dúo, adoitase facer por tódolos gaiteiros ó unísono, seguindo a primeira voz.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Ventosiño – RE

Ventosiño – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitar o tema tocado por “Os Cruceiros”, o grupo de toda a vida de Henrique Otero Covelo, en compañía de Xesús Portela na outra gaita, Carlos Conde “O Ghaliña” no tamboril e Manolo Solla no bombo.

 

Ventosinho