Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Nesta ocasión trátase dun valse de dúas partes titulado Valse “Campaneiro”, de clara inspiración Campaneira, ou polo menos eso pretendín facer eu e adicado a eles, un dos grupos máis admirados por min.
Hoxe quero compartir con vós unha sinxela pero fermosa muiñeira do repertorio do gaiteiro Manuel López Mera, nado en Rodiño, parroquia de Sergude (Boqueixón) e alcumado “Bico Fendido”, de aí o título da peza.
A transcrición desta peza está feita grazas ós datos aportados por Antonio Raposo Vidal.
Hoxe quero compartir con vós unha peza dun magnífico gaiteiro coruñés. Estou a falar de Alexandre Ruiz Vázquez.
Comenzou os seus primeiros pasos no nundo da gaita na A. F. Os Gaiteriños, no coruñés barrio de A Gaiteira e hoxe é un dos gaiteiros no laureado coro da Coruña, Cántigas da Terra. Participaron na súa formación grandísimos mestres como Leonardo Corral, Xosé Casal ou Ricardo Santos.
A peza en cuestión é a Muiñeira de Lardeiros co autor adicou a Xosé Carlos Ponte Mecías, compañeiro del no mencionado coro, e do que chegou a ser Presidente.
Asemade está incluida no segundo traballo de Os Melidaos, “Axudádeme a cantar” do 2012, un dos grupos máis recoñecidos de Galicia na actualidade, e podedes escoitala interpretada por eles neste enlace.
Hoxe quero compartir con vós, e ademáis en estrea “mundial”, incluso antes de co autor a suba á súa canle de Youtube, unha nova peza de Xosé Manuel Fernández Costas “Muxicas”.
Segundo Xosé Manuel conta, “é un pasodobre moi recente que se chama Hai que ver de que te quero… e leva coma subtítulo é un falare, porque son as notas que arrincan o pasodobre: Fa La Re. Está adicado a Fran Verde, un gaiteiro de Sevilla.
Continúa Xosé Manuel dicindo: “está escrito para dúas gaitas, requinta, acordeón e percusións, que é o audio do tema compreto que che envío”, e aunque eu no blog tan só poño as partituras das voces das gaitas, o que queira a partitura completa con requinta e acordeón, non ten máis que pedirlla a Xosé Manuel a través, ou ben do correo electrónico xosemanuelfernandez.muxicas@gmail.com ou do Messenger.
Quero dar as grazas a Xosé Manuel dunha maneira moi efusiva pola confianza depositada en min e no meu blog permitíndome aportar o meu gran de area á difusión da súa música. Unha grade aperta, Xosé Manuel.