Pasodobres

Hai que ver de que te quero…

Hoxe quero compartir con vós, e ademáis en estrea “mundial”, incluso antes de co autor a suba á súa canle de Youtube, unha nova peza de Xosé Manuel Fernández Costas “Muxicas”.

Segundo Xosé Manuel conta, “é un pasodobre moi recente que se chama Hai que ver de que te quero… e leva coma subtítulo é un falare, porque son as notas que arrincan o pasodobre: Fa La Re. Está adicado a Fran Verde, un gaiteiro de Sevilla.

Continúa Xosé Manuel dicindo: “está escrito para dúas gaitas, requinta, acordeón e percusións, que é o audio do tema compreto que che envío”, e aunque eu no blog tan só poño as partituras das voces das gaitas, o que queira a partitura completa con requinta e acordeón, non ten máis que pedirlla a Xosé Manuel a través, ou ben do correo electrónico xosemanuelfernandez.muxicas@gmail.com ou do Messenger.

Quero dar as grazas a Xosé Manuel dunha maneira moi efusiva pola confianza depositada en min e no meu blog permitíndome aportar o meu gran de area á difusión da súa música. Unha grade aperta, Xosé Manuel.

Animádevos con el e a disfrutalo.

Hai que ver de que te quero – RE

Hai que ver de que te quero – DO

Primeira voz

Segunda voz

Completa

Hai que ver de que te quero

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.