Mazurcas

Mazurca da Bretoña

Hoxe quero compartir con vós unha peza coñecida por case todos os gaiteiros. máis non tanto de onde procede. Estou a falar da Mazurca da Bretoña. Esta peza pertencía ó repertorio de Daniel Méndez Coroas, coñecido como Daniel do Roxo, O Gaiteiro de Bretoña, 1923 – 2018.
Na súa casa xa existía a afición pola gaita, da man do seu irmán Prudencio, ate que este moreu na guerra, momento no que Daniel decide aprender a toca-la gaita, cando conta, máis ou menos con catorce ou quince anos. Tamén se ten constancia da súa labor como artesán de gaitas, axudado polo seu coñecemento do traballo da madeira, xa que Daniel era zoqueiro.
Tiven a honra de coñecer a este vello gaiteiro no nadal do ano 2007, en Mondoñedo, nunha homenaxe que a Asociación Cultural Pena do Golpe desta cidade lle rindeu e para a que tivo a ben contar co meu grupo Brisas do Mar.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Mazurca da Bretoña – RE

Mazurca da Bretoña – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Mazurca da Bretonha

Foliadas

Micaela

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa foliada de Antonio Raposo Vidal, gaiteiro, cantante, frautista, compositor e unha das figuras máis importantes de “Os Melidaos”.

Trátase dunha foliada titulada Micaela e que está inspirada no segundo lance da obra “Os vellos non deben de namorarse”, de Don Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, estreada en Buenos Aires no ano 1941.

Esta peza está incluida no cuarto CD do grupo, “Tribo Nosa”, no que se incluen 15 fermosos temas, case todos compostos pola man de Antonio, e que podedes atopar neste enlace.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Micaela – RE

Micaela – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitala interpretada por Os Melidaos  neste enlace.

Micaela

 

 

Pasodobres

Jacobo non asiste

Hoxe quero compartir con vós unha nova peza de Xosé Manuel Fernández Costas “Muxicas”. Trátase dun, -segundo as súas propias palabras- “pasodobre furancheiro”  con letra titulado Jacobo non existe ou como diría a súa avoa, a quen está adicado polo autor  “Jacobo non asiste”.

Podedes escoitar a peza na canle de Youtube de Xosé Manuel.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Jacobo non asiste – RE

Jacobo non asiste – DO

Jacobo non asiste

Xotas

Jota de José

Hoxe quero compartir con vós un tema clásico do repertorio de Os Montes de Lugo. Trátase da coñecida Jota de José, tamén interpretada no seu día por Xiada da Coruña ou Treixadura, entre outros.

Os Montes nacen en Lugo a mediados dos anos 40 fundado por Francisco Ares López xunto cos seus irmáns Anxo e Daniel. Durante máis de 50 anos levaron a súa música tanto por Galiza como polo resto de España. Do seu bo facer é mostra salientable os numeros premios acadados nos concursos nos que adoitaban participar. Este bo facer situaos como un dos grupos senlleiros en Lugo durante o século XX. Non quero deixar de mencionar ca nómina de integrantes de Os Montes é longa é importante ó largo do tempo, xa que hai que ter en conta que perdurou ata o ano 2000, sendo un dos integrantes destacados o coñecido gaiteiro e artesán Antón Corral, dende mediados dos 50 ata o ano 1975.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Jota de José – RE

Jota de José – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Jota_de_Jose

Foliadas

Tecendo a vida

Hoxe quero compartir con vós unha fermosísima peza dunha nova colaboradora do blog. Trátase de María Xosé López Villar e a peza en cuestión é a foliada “Tecendo a vida”, composta por ela misma.

María Xosé López comeza no mundo da música tradicional no ano 1976 da man do mestre gaiteiro Henrique Otero como alumna no Conservatorio de Vigo, e posteriormente, formando parte da banda “Raigames”.

Despois da súa disolución, continúa a súa actividade musical no grupo Muxicas, no que estará dende o ano 1987 até o ano 1997, e onde se desenvolve gaiteira, zanfonista cantora e compositora, gravando 4 discos con esta formación: “O Demo Fungón” (1988); “Desafinaturum”  (1990); “Escoitando medra-la herba” (1992) e “No colo do vento”  (1996).

Paralelamente a Muxicas desenvolverá outras iniciativas como o trío Anamoura, trío de zanfona, guitarra, voces e percusións co que gravaría o disco “A chave do cerne”  (1999), no que explora as posibilidades dos instrumentos implicados, e que estará activo ata o ano 2002.

No ano 2001 participa como cantora, zanfonista, gaiteira e produtora artística no disco “Rolada das cantigas” do grupo Na Virada, proxecto articulado arredor das composicións musicais de Xico de Cariño e sobre poetas galegos e portugueses. A finais do 2006 editarán o disco “Solaina”, proxecto multidisciplinar, de cuxa produción tamén é responsable.

No ano 2014 colabora como zanfoneira na gravación do disco “Tierra Alantre” do grupo portugués “Ronda dos Quatro Caminhos”, adicado á música galega, trasmontana e minhota.

Ten participado en varios espectáculos teatrais, como colaboradora musical: “A Mostra” de Tranvía Teatro (1991), “Commedia, un xoguete para Goldoni” de Ollomoltranvía (1993) e “Nau de amores” (1995), dirixidas por Cándido Pazó. “Chicho e a Santa Compaña” (2006) de Fulano, Mengano e Citrano” e “Historias tricolores, ou de cómo aqueles animaliños proclamaron a República” (2009), monólogo de Cándido Pazó.

Asimesmo no 2003 participa co actor Santi Prego nun espectáculo de contacontos con música sobre o Camiño de Santiago, que levaron pola xeografía galega e por Polonia, continuando esta colaboración durante tres anos co espectáculo “Cantar de cego”.

Ten ampla experiencia docente: cursiños de gaita e percusión en Centros Galegos, participación nos “Concertos para escolares”, da asociación Gaiteiros da Xistra do 98 até o 2008. Aulas de gaita na Escola de Percusión “Toca Rufar” do Seixal, na Associaçao Gilteatro de Alcochete, na Associaçao Portoceltico, na Maia e en Famalicao, e en diversos centros culturais e asociacións de Vigo e bisbarra.

Responsable da dirección musical dos “Maios” do Casco Vello de Vigo entre o 2008 e o 2010, e da Rondalla Centro Cultural e Social de Herville entre os anos 2009 e 2016.

Directora do Coro Rociero da Casa de Andalucía de Vigo, entre os anos 1987 a 1991, e 2006 a 2010.

Na actualidade desenvolve a súa actividade na segunda etapa da banda de gaitas Raigames, e como directora artística do grupo O Son do Río,  que en breve presentará o seu primeiro traballo discográfico,  e da banda de gaitas Breogán de Moaña.

Dende outubro de 2017 fai parte da equipa de dirección e redacción da páxina web de Muxicas na que é responsable da sección de partituras, da súa transcrición e difusión.

Precisamente a partitura da que hoxe estou a falar pertence ó traballo xa publicado no ano 2020 de O Son do Río, que leva por título xenérico “De Raíz”, e que podedes atopar neste enlace.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Tecendo a vida – RE

Tecendo a vida – DO

Primeira voz

Segunda voz

Escoitar Tecendo a vida interpretada por O Son do Río

Tecendo a vida