Hoxe imos cunha peza do moi coñecido e gran gaiteiro Raúl Galego. Trátase, según él mesmo a denomina, dunha guaracha – pasacorredoiras, pero eu vouna encadrar na categoría das rumbas (co teu permiso Raúl).
Hoxe imos cunha alborada do compositor Hixinio Cambeses Carreira (1900-1949), nado en Antas, lugar do Concello de A Lama (Pontevedra). Trátase da Alborada da Rapsodia para Orquesta “A noite do Santo Cristo”. Por mais que quixen ver a obra orixinal, no fun quen de atopala, polo que non sei o grado de exactitude desta versión de Os Campaneiros de Vilagarcía co orixinal. O que teño claro e que a peza que interpretaban estes grandísimos gaiteiros era moi fermosa.
Se alguén ten datos que podan aclarar a “polémica” desta peza prégolle nolos faga saber para poder aportalos no blog. Grazas.
Hoxe quero compartir con vós unha fermosa e non moi coñecida xota do gran compositor nado na Coruña, o Mestre Adolfo Anta Seoane (1900 – 1978). Foi director de Cántigas da Terra durante case vinte e cinco anos, ademais doutras formacións como a Coral da Fábrica de Tabacos, a Coral de Sada, etc. A cidade da Coruña conta cunha rúa na súa honra.