Pasodobre de Altamira
Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Tratáse dun pasodobre de dúas partes titulado “Pasodobre de Altamira”.
Animádevos con el e a disftrutalo.

Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Tratáse dun pasodobre de dúas partes titulado “Pasodobre de Altamira”.
Animádevos con el e a disftrutalo.

Hoxe quero compartir con vós unha foliada composta polo músico nado en Ortigueira no ano 1917, Domingo Andrés Matínez Vieito.
“Haiche duas que destacan das cousiñas de Ortigueira…”
Animádevos con ela e a disfrutala.
Primeira voz
Segunada voz
Dúo

Hoxe quero compartir con vós un fermoso valse de Constantino Bellón, gaiteiro de Ferrol Terra, que como todos e todas sabedes, dá nome a un dos mais prestixiosos e coñecidos concursos de gaita, que se celebra na cidade de Ferrol. Non teño moitos mais datos sobre este recoñecido gaiteiro, asi que se podedes aportar algo de “luz” sobre a súa figura, serán ben recibidos e postos á disposición de todos e todas a través deste blog.
Animádevos con él é a disfrutalo.
Carmela, valse – Constantino Bellón

Hoxe imos cunha fermosísima peza que a min encántame tocar: a Danza das Burgas.
A partitura está feita para tres gaitas, pero no caso de tocar somentes con dúas, adóitase facer da seguinte maneira: a gaita que fai a voz grave (2ª), na segunda parte da peza, toca o dúo por terceiras na primera vez e na repetición a variante.
Convén recordar que non estamos a falar dun pasodobre, senón unha danza de carácter señorial polo que debemos tocala á velocidade edecuada para o tipo de peza que é.
Animádevos con ela e a disfrutala.

Hoxe imos cun pasodobre do repertorio do excelente grupo vigués Os Morenos de Lavadores: Ó pasar por Lavadores.
Poderedes ve-la historia do grupo, os seus compoñentes e mais datos na Wikipedia
Animádevos con él e a disfrutalo.
Ó pasar por Lavadores, pasodobre – Do repertorio de Os Morenos de Lavadores
