Pasodobres

¡Baila, Chusiña!

Hoxe quero compartir con vós unha peza miña. Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “¡Baila, Chusiña!, peza moi especial para min xa que está adicada á miña muller, Chus Cotón, finada hai pouco máis dun ano, QEPD.

¡Baila, Chusiña! – RE

¡Baila, Chusiña! – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Baila Chusinha

 

 

Pasodobres

A move-los pés

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa, leda e sinxela peza do meu irmán Manuel. Trátase do pasodobre “A move-los pés”, título do màis axeitado xa que non é doado manterse quieto ó escoitalo.

Asemade, e ante as varias peticións de seguidores do blog, vou intentar incluir os audios das pezas que vaia subindo a partir de agora, polo menos das que poida. Seran uns arquivos mp3. moi sinxelos xerados a partires dun midi, máis para darse unha idea de como soa o tema agardo que sirvan.

Animádevos con él e a disfrutalo.

A move-los pés – RE

A move-los pés – DO

Primeira voz.

Segunda voz.

Dúo

Portapapeles01

 

 

Pasodobres

¡Viva Lavadores!

Hoxe quero compartir con vós unha nova achega dun colaborador. Estou a falar de Antonio Oliveira Villar, gaiteiro do grupo Os Erdeiros dos Morenos de Lavadores. A sua afeccion pola gaita venlle de familia, xa que é neto e sobriño neto de Manuel e Xose Oliveira Blanco, os miticos “Morenos de Lavadores”. Xa ten feito algunhas composicions e este pasodobre, “Viva Lavadores”, saido neste presente 2018, é unha homenaxe a esta parroquia viguesa -que foi antigo concello- e da que son naturais os seus devanceiros.

Animádevos con él e a disfrutalo.

¡Viva Lavadores!, pasodobre RE

¡Viva Lavadores!, pasodobre DO

Viva Lavadores, pasodobre

Pasodobres

Pasando pola vila de Arzúa

Hoxe quero compartir con vós un fermoso pasodobre do meu amigo Antón Raposo Vidal, grande cantante e gaiteiro en dúas das millores agrupacións de Galiza: o laureado coro coruñes Cántigas da Terra e no recoñecido grupo Os Melidaos. Esta fermosa peza está adicada polo autor ó gran gaiteiro coruñés Ricardo Santos Blanco.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Pasando pola vila de Arzúa – Antón Raposo Vidal (DO)

Pasando pola vila de Arzúa – Antón Raposo Vidal (RE)

Pasando pola vila de Arzúa - Anton Raposo Vidal