Muiñeiras

Buxos verdes

A beleza do sinxelo… Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira composta polo gran artesán e gaiteiro Basilio Carril Fernández nado no ano 1914 en Arzúa. De neno trasládase a vivir a Santiago, onde desenrolou toda a súa vida profesional como artesán de instrumentos tradicionais galegos. Tiven a sorte de tocar bastante tempo cun punteiro de Do feito por él, e tamén cun de La, ambos propiedade do meu irmán Manolo, e podo asegurarvos que tiñan algo especial… Moi bo timbre, moi boa afinación, incluso no modo menor, e ese xeito de vibrar entre as mans ó tocar…

Formou parella de gaita durante moitos anos con Xoán Bello Mallou, tanto en Cantigas e Agarimos como en formación de cuarteto.

Por desgracia, Basilio deixounos bastante novo, no ano 1974, á idade de 60 anos.

Neste marabilloso vídeo de principios dos anos 70 producido por Antonio Docampo, podedes ver a Basilio traballando no seu taller da Rúa San Pedro, en Santiago de Compostela.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Buxos verdes (RE)

Buxos verdes (DO)

buxos-verdes-muineira-basilio-carril

Muiñeiras

Loliña

Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira do músico, compositor e director de banda e coro, Rosendo Mato Hermida (Vilalba, 1914 – Santiago, 1994). Foi o Director da Banda de Arca, unha das de mais sona de Galiza durante nada menos que vinte anos, compaxinando a súa dirección ca dirección do coro Cantigas e Agarimos, de Santiago, ata o ano 1970 no que asume a dirección do Coro de maneira permanente tras deixar o seu cargo na Banda de Arca. Entre  as súas obras mais destacadas compre suliñar “Lela”, composta polo maestro Mato Hermida para musicar unha escea de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, estreada polo Grupo de Teatro Galego de Cantigas e Agarimos, por primeira vez en Europa -o seu estreno mundial foi en Bos Aires no ano 1941- o 25 de xullo de 1961 en Santiago.

Rosendo Mato Hermida  compuxo esta fermosa muiñeira de título “Loliña” para se-la peza obrigatoria no Concurso Rexional de Gaitas celebrado en Santiago no ano 1970.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Loliña – RE

Loliña – DO

lolinha-muinheira-rosendo-mato-hermida

Muiñeiras

Muiñeira das Mariñas

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa e sinxela peza composta polo gaiteiro nado en Negreira, Xesús Vázquez Pedrares. Como xa comentei noutro post, foi un dos gaiteiros do coñecido quinteto “Os Cinco de Galicia” e tamén de Cántigas da Terra.

A peza en cuestión é a “Muiñeira das Mariñas” tamén coñecida por “Muiñeira de Viceso”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira das Mariñas, Xesús Vázquez Pedrares

muinheira-das-marinhas-xesus-vazquez-pedrares

Muiñeiras

Muiñeira da Cañiza

Xa que hai uns dias falamos deste gran gaiteiro da Coruña, Henrique Ambite Montero, hoxe quero compartir con vós unha muiñeira do seu repertorio: a Muiñeira da Cañiza.

Henrique Ambite Montero (1913 – 1998) naceu en Visma (A Coruña). Foi co – fundador de Aturuxo, colaborador de Follas Novas e da Agrupación de Coros y Danzas de la Sección Femenina de La Coruña. Tamén acadou bastante sona co seu cuarteto “Os do Couto”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira da Cañiza

muinheira-da-canhiza

Muiñeiras

Muiñeira de Santa María de Oleiros

Hoxe imos cunha muiñeira tradicional titulada Muiñeira de Santa María de Oleiros, do repertorio de Os Cinco de Galicia, grupo que contaba “en nómina” nada menos que con Leonardo Corral, Xesús Vázquez Pedrares, Edmundo Vilariño; X. Luís Corral e Arturo Mato “O Garceiras “.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira de Santa María de Oleiros

muinheira-de-santa-maria-de-oleiros