Xotas

Xota contra Pampín

Hoxe quero compartir con vós unha peza dun novo colaborador do blog: trátase de Xesús Rodríguez Callejón. Nesta ocasión, que agardo que nos sexa a derradeira, é unha fermosa xota que leva por título Xota contra Pampín.

Xesús Rodríguez Callejón do concello de Teo (A Coruña) comezou a tocar gaita no ano 1999 coa mestre Monica Calvo, filla do artesán de gaitas Francisco Calvo, no concello de Carballo (A Coruña).
Despois de dous anos de formación continúa a súa carreira musical de xeito autodidacta.

Ao longo da súa carreira desenvolveu a súa faceta coma compositor e colaborou con numerosas agrupacións, entre elas cabe destacar a “Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela” .

Hai un vídeo da peza tocada maxistralmente polo autor, no Facebook, pero non sei se todo o mundo terá acceso ó grupo para pode-lo ver.

No ano 2013 comezou a concursar gañando numerosos concursos como:

-“Selección de Gaiteiros Galegos para o McCrimmon”
-“Concurso de Gaitas de Ponteareas”
-“Concurso de Gaita e Tamboril de Tui”.
-“Concurso de Musica tradicional de Luou”.
-“Concurso de Musica tradicional Fogo Fatuo de Rianxo”.

Na actualidade é mestre de gaita e percusión e imparte cursos e masterclass ao longo da xeografía galega formando parte do profesorado de cursos tan prestixiosos coma o “Curso de Cultura Tradicional Galega” de Cantigas e Frores (Lugo).

Xota contra Pampín – RE

Xota contra Pampín – DO

Xota_contra Pampin

Mazurcas

O Suíta

Hoxe quero compartir con vós unha peza do repertorio do grupo vigués Airiños do Parque de Castrelos. Trátase dunha mazurca titulada “O Suíta”. O nome desta peza ven dado polo alcume do abó dun dos gaiteiros do grupo.

Podedes atopar máis información sobre o grupo na Galipedia.

Esta peza esta transcrita a partires dunha partitura facilitada polo gaiteiro coruñes Ricardo Santos Blanco.

O Suíta – RE

O Suíta – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

O_Suita

 

Xotas

Jota dos dous amigos gaiteiros

Hoxe quero compartir con vós outra peza de Xosé Manuel Fernadez Costas “Muxicas”. Nesta ocasión trátase dunha fermosa xota titulada Jota dos dous amigos amigos gaiteiros.

Podedes atopar a Xosé Manuel tamén moi activo no seu Facebook.

Xosé Manuel  explícanos de primeira man o por qué deste título: “Púxenlle ese nome porque me pareceu que hai que ser moi amigos para tocala. Porque é totalmente complementaria. Unha parte redondea a outra, e viceversa. E iso somente consíguese cando hai un vencello forte”.

Podedes ver a maxistral interpretación que fan da peza Alfonso Cheda e Ton Touza na súa Canle de Youtube Nós Os Outros.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Jota dos dous amigos gaiteiros – RE

Jota dos dous amigos gaiteiros – DO

Xota para dous amigos gaiteiros

Pasodobres

¡Baila, Chusiña!

Hoxe quero compartir con vós unha peza miña. Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “¡Baila, Chusiña!, peza moi especial para min xa que está adicada á miña muller, Chus Cotón, finada hai pouco máis dun ano, QEPD.

¡Baila, Chusiña! – RE

¡Baila, Chusiña! – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Baila Chusinha

 

 

Muiñeiras

Muiñeira de Palavea

Hoxe quero compartir con vós unha peza dun bo amigo meu: Xulio Adolfo Anta Díaz. Trátase da Muiñeira de Palavea, unha fermosa e sinxela peza composta por él que leva por título o nome dun dos barrios da cidade da Coruña.

Fillo e neto de músicos, Xulio Adolfo Anta Díaz nacéu en Bos Aires, onde seu pai, Julio Anta Ferrara, dirixía varios coros como Brétemas e Raiolas, Coro do Centro Coruñés, Coro do Centro Pontevedrés e o Coro de Residentes de Vigo. Xulio xa formaba parella infantil coa súa irmá dende os cinco anos, tanto bailando como recitando distintas estampas galegas
Trasladada a súa familia a A Coruña en 1968, formou parte de diversos grupos de distintos estilos, cantando e tocando diferentes instrumentos, tanto de corda como de vento e percusión.
Foi membro da Coral Polifónica El Eco entre 1974 e 1978, ano no que Xulio pasou a formar parte de Cántigas da Terra ata 1995. Nesta coral, que dirixira seu abó, Adolfo Anta Seoane, durante moitos anos, e na que se coñeceron os sus país sendo nenos, cantaba indistintamente nas cordas de tenor primeiro e tenor segundo, botando unha man incluso na corda de barítonos cando as circunstancias o requerían. É en Cántigas foi onde comezou a tocar a gaita da man de Ricardo Santos, chegando a ser un dos gaiteiros titulares do coro.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira de Palavea – RE

Muiñeira de Palavea – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Muinheira_de_Palavea