Foliada de Romeiros
Hoxe quero compartir con vós unha fermosa foliada do repertorio de nada menos que o coro Aires da Terra: a Foliada de Romeiros.
Animádevos con ela e a disfrutala.

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa foliada do repertorio de nada menos que o coro Aires da Terra: a Foliada de Romeiros.
Animádevos con ela e a disfrutala.

Onte tivemos coñecemento da luctuosa nova do pasamento dun grande da nosa cultura, Antón Varela Cachaza, nado en Ferrol no ano 1955. Antón foi gaiteiro, artesán de instrumentos tradicionais, compositor, etc. Participou en varias das máis recoñecidas agrupacións do noso país, como por exemplo Os Raparigos, Berros do Castro, Cempés…
Desde aquí quero aportar o meu pequeno gran de area na merecida homenaxe a este grande home publicando unha peza da súa autoria: a Polca para Erica.
Animádevos con ela e a disfrutala, que de seguro faremos feliz ó seu autor.
Podedes escoitala tocada polo autor aquí.

Hoxe quero compartir con vós unha fermosísima muiñeira composta por Xosé López Casquero, “Cheiño”: a muiñeira de Santo Antón. Esta peza era do repertorio do recoñecido grupo Os Tempranos de Eirís, da Coruña.
Animádevos con ela e a disfrutala.

Hoxe quero compartir con vós unha foliada da autoría de Ramón González Enríquez e que pertenze ó repertorio de Cántigas da Terra: a Foliada do Araño.
Animádevos con ela e a disfrutala.

Hoxe quero compartir con vós un fermoso pasodobre do meu amigo Antón Raposo Vidal, grande cantante e gaiteiro en dúas das millores agrupacións de Galiza: o laureado coro coruñes Cántigas da Terra e no recoñecido grupo Os Melidaos. Esta fermosa peza está adicada polo autor ó gran gaiteiro coruñés Ricardo Santos Blanco.
Animádevos con él e a disfrutalo.
Pasando pola vila de Arzúa – Antón Raposo Vidal (DO)
Pasando pola vila de Arzúa – Antón Raposo Vidal (RE)
