Hoxe quero compartir con vós unha fermosa e sinxela peza que para min -diría mais, para a miña familia- é moi especial: titúlase “O amor da Costureira” e ven sendo a primeira peza que aprendeu o meu irmán Manolo do seu primeiro mestre de gaita, Henrique Ambite. Tamén foi a primeira peza que a súa vez este nos ensinou a meu irmán Martín, a min e como non ó seu fillo Manolo. Tamén foi a primeira peza que Henrique Ambite ensinou ó seu neto Eduardo, que é o noso sobriño.
Neste enlace poderedes escoitala tocada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!
Animádevos con ela e a disfrutala.
O amor da Costureira, foliada – Do repertorio de Henrique Ambite