Valses

Valse de Mercurín

Hoxe quero compartir con vós un fermoso valse do repertorio do “Gaiteiro de Vilaverde”, Manuel Viqueira Vieites, titulado Valse de Mercurín.

Manuel nace en Vilaverde (Ordes) no ano 1929, e xa dende moi neno sinte paixón pola música e comenza a construir as súas primeiras gaitas de alcacén. Despois de pasar por varios cuartetos con bastante sona da zona de Ordes, como “Os Gaiteiros do Xulio”, “Os de Buscás”, “Os da Fraga”, rematou formando seu propio cuartero: “Os Viqueiras”, composto por él mesmo e tres dos seus fillos: Manolo, Paco e Fernando.

Manuel deixounos, por desgracia, en febreiro do 2015, á idade de 85 anos.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Valse de Mercurín, do repertorio de Manuel Viqueira Vieites

valse-de-mercurin

Valses

Carmela

Hoxe quero compartir con vós un fermoso valse de Constantino Bellón, gaiteiro de Ferrol Terra, que como todos e todas sabedes, dá nome a un dos mais prestixiosos e coñecidos concursos de gaita, que se celebra na cidade de Ferrol. Non teño moitos mais datos sobre este recoñecido gaiteiro, asi que se podedes aportar algo de “luz” sobre a súa figura, serán ben recibidos e postos á disposición de todos e todas a través deste blog.

Animádevos con él é a disfrutalo.

Carmela, valse – Constantino Bellón

carmela-valse-constantino-bellon