Pasodobres

No bo camiño

Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “No bo camiño”, adicado a Xesús Miranda Iglesias, artesán de gaitas -entre outras moitas as miñas- e outros instrumentos tradicionais galegos asentado en Arteixo (A Coruña).

Neste enlace poderedes escoitalo secuenciado polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con él e a disfrutalo.

No bo camiño, pasodobre – Roberto Caridad Otero

no-bo-caminho-pasodobre-roberto-caridad-otero

Pasodobres

Pasodobre – Corrido

Hoxe imos cunha peza dos míticos Campaneiros de Vilagarcía, concretamente o coñecido Pasodobre – Corrido. Esta partitura correspóndese co que eles tocaban.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Pasodobre corrido – RE

Pasodobre corrido – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

 

pasodobre-corrido-do-repertorio-de-os-campaneiros

Pasodobres

Pasodobre de Mallou

Como primeira achega neste blog, decidime por este coñecido pasodobre do repertorio gaiteiro, pero nesta ocasión coas catro partes das que realmente consta a peza.

Adoitábase tocar as dúas partes centrais, pero hoxe en día, e gracias ó gran traballo de investigación levado a cabo por Emilio Lois Blanco, podemos disfrutalo na súa totalidade, e dicir, engadindo a primeira parte e a derradeira. Quero tamén reseñar que o nome de Mallou non é polo insigne gaiteiro Xoan Bello Mallou, senón que fai referencia ó lugar de Mallou.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Pasodobre de Mallou

mallou-1