Pasodobres

O caíño

Despois dunha tempada fora de liña por problemas técnicos, hoxe quero compartir con vos unha peza do meu amigo Antón Raposo.

Nado na Vila de Arzúa, Antón Raposo Vidal pertence ó Coro Cántigas da Terra da Coruña dende o ano 2004, e tamén dende o 2010 ó recoñecido grupo “Os Melidaos”.

Animádevos con él e a disfrutalo.

O caíño, pasodobre – Antón Raposo Vidal (DO)

O caíño, pasodobre – Anton Raposo Vidal (RE)

O cainho

Pasodobres

Ventosiño

Hoxe quero compartir con vós outra peza do mestre Henrique Otero Covelo. Nesta ocasión trátase dun pasodobre-marcha titulado Ventosiño.

Esta partitura é fiel copia do  orixinal do autor e realizada por unha das súas alumnas máis avantaxadas, María Xosé López Villar.

A primeira parte da peza, a pesar de ter dúo, adoitase facer por tódolos gaiteiros ó unísono, seguindo a primeira voz.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Ventosiño – RE

Ventosiño – DO

Primeira voz

Segunda voz

Dúo

Podedes escoitar o tema tocado por “Os Cruceiros”, o grupo de toda a vida de Henrique Otero Covelo, en compañía de Xesús Portela na outra gaita, Carlos Conde “O Ghaliña” no tamboril e Manolo Solla no bombo.

 

Ventosinho

Pasodobres

Aires de Bergantiños

Hoxe quero compartir con vós un pasodobre dos acordeonistas Irmáns Moreira,  non moi coñecido no repertorio gaiteiro: Aires de Bergantiños. Neste caso trátase dun pasodobre con letra.

Ademais da partitura ca letra, deíxovos tamén un recorte do diario “La Opinión” onde tedes unha pequeña explicación de quen eran estes acordeonistas.

A transcripción da peza está feita polo meu irmán Martín -moitas grazas, Martín- a partir da grabación contida no CD editado por Ouvirmos.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Aires de Bergantiños, pasodobre – Irmáns Moreira

Irmans Moreira – La Opinión

aires-de-bergantinhos-pasodobre-irmans-moreira