Foliadas

Foliada de Ortigueira

Hoxe quero compartir con vós unha foliada composta polo músico nado en Ortigueira no ano 1917, Domingo Andrés Matínez Vieito.

“Haiche duas que destacan das cousiñas de Ortigueira…”

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada de Ortigueira – RE

Foliada de Ortigueira – DO

Primeira voz

Segunada voz

Dúo

Foliada de Ortigueira

Valses

Carmela

Hoxe quero compartir con vós un fermoso valse de Constantino Bellón, gaiteiro de Ferrol Terra, que como todos e todas sabedes, dá nome a un dos mais prestixiosos e coñecidos concursos de gaita, que se celebra na cidade de Ferrol. Non teño moitos mais datos sobre este recoñecido gaiteiro, asi que se podedes aportar algo de “luz” sobre a súa figura, serán ben recibidos e postos á disposición de todos e todas a través deste blog.

Animádevos con él é a disfrutalo.

Carmela, valse – Constantino Bellón

carmela-valse-constantino-bellon

Danzas

Danza das Burgas

Hoxe imos cunha fermosísima peza que a min encántame tocar: a Danza das Burgas.

A partitura está feita para tres gaitas, pero no caso de tocar somentes con dúas, adóitase facer da seguinte maneira: a gaita que fai a voz grave (2ª), na segunda parte da peza, toca o dúo por terceiras na primera vez e na repetición a variante.

Convén recordar que non estamos a falar dun pasodobre, senón unha danza de carácter señorial polo que debemos tocala á velocidade edecuada para o tipo de peza que é.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Danza das Burgas, tradicional

danza-das-burgas-tradicional