Foxtrot

Lobinsomne

Hoxe quero compartir con vós unha peza que, porque como ben dice o autor, Xosé Manuel Fernández Costas, Muxicas, “En Galicia non somente se tocaban muiñeiras e alboradas. Tamén houbo unha época na que se incorporaron rítmos lonxanos. Porque a xente os reclamaba ós gaiteiros para os seus bailes: habaneras, rumbas, mazurcas, polcas e, tamén, foxtrots”.

Trátase dun Foxtrot titulado “Lobinsomne” e podedes escoitalo na canle de Youtube de Xosé Manuel interpretado maxistralmente por él mesmo.

E pasamos a unha somera presentación de Xosé Manuel, feita por él mesmo:

“A miña carreira musical deu comezo ós seis anos, cando me regalaron o meu primeiro instrumento, pero consolidouse a partires de 1978 cando o meu pai montou o grupo de acompañamento instrumental para un grupo de baile. Ahí naceu Muxicas. E ahí estuven ata a miña xubilación no ano 2000.
O meu labor en Muxicas, dende o principio, foi pescudar nos cancioneiros, monta-los temas con fragmentos aportados polos compañeiros e eu mesmo e dixirir artísticamente o grupo”.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Lobinsomne – RE

Lobinsomne – DO

Canle de Youtube de Xosé Manuel

Lobinsomne