Valses

Valse galego

Hoxe quero compartir con vós outra peza dos Campaneiros. Nesta ocasión trátase dun valse sen título -ou polo menos eu non llo sei-, pero de gran beleza a pesar do sinxelo.

Nesta peza pódese observar unha singularidade como é o uso do mi grave na primeira parte da peza nun grupo que gustaba tanto do requinteo. Tamén podemos observar o uso dun recurso moi utilizado por eles como é o de manter a tónica pola segunda gaita mentras o da primeira voz iniciaba a seguinte frase. Vese este recurso claramente no comenzo da segunda parte da peza.

Animádevos con el e a disfrutalo,

Valse galego – RE

Valse galego – DO

Valse galego

Valses

Aire de Valse

Hoxe quero compartir con vós unha peza do grande grupo Os Rosales de Asados, que onte foron homenaxeados no marco do XXII Xantar Gaiteiro organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Rianxo. Vaia o meu pequeno “gran de area” para unirme a homenaxe deste grandísimo grupo a través deste Aire de Valse, da autoría de Xosé Romero, fundador e alma máter da formación dende o ano 1962.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Aire de valse, do repertorio de Os Rosales

Aire de valse, do rep. de Os Rosales