Pasodobres

A move-los pés

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa, leda e sinxela peza do meu irmán Manuel. Trátase do pasodobre “A move-los pés”, título do màis axeitado xa que non é doado manterse quieto ó escoitalo.

Asemade, e ante as varias peticións de seguidores do blog, vou intentar incluir os audios das pezas que vaia subindo a partir de agora, polo menos das que poida. Seran uns arquivos mp3. moi sinxelos xerados a partires dun midi, máis para darse unha idea de como soa o tema agardo que sirvan.

Animádevos con él e a disfrutalo.

A move-los pés – RE

A move-los pés – DO

Primeira voz.

Segunda voz.

Dúo

Portapapeles01

 

 

Foxtrot

Lobinsomne

Hoxe quero compartir con vós unha peza que, porque como ben dice o autor, Xosé Manuel Fernández Costas, Muxicas, “En Galicia non somente se tocaban muiñeiras e alboradas. Tamén houbo unha época na que se incorporaron rítmos lonxanos. Porque a xente os reclamaba ós gaiteiros para os seus bailes: habaneras, rumbas, mazurcas, polcas e, tamén, foxtrots”.

Trátase dun Foxtrot titulado “Lobinsomne” e podedes escoitalo na canle de Youtube de Xosé Manuel interpretado maxistralmente por él mesmo.

E pasamos a unha somera presentación de Xosé Manuel, feita por él mesmo:

“A miña carreira musical deu comezo ós seis anos, cando me regalaron o meu primeiro instrumento, pero consolidouse a partires de 1978 cando o meu pai montou o grupo de acompañamento instrumental para un grupo de baile. Ahí naceu Muxicas. E ahí estuven ata a miña xubilación no ano 2000.
O meu labor en Muxicas, dende o principio, foi pescudar nos cancioneiros, monta-los temas con fragmentos aportados polos compañeiros e eu mesmo e dixirir artísticamente o grupo”.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Lobinsomne – RE

Lobinsomne – DO

Canle de Youtube de Xosé Manuel

Lobinsomne

 

Xotas

Xota da sardiña

Hoxe quero compartir con vós unha achega dun novo colaborador do blog: Albino González Pereiro, nado no Porriño no ano 1976.

Trátase dunha xota titulada Xota da sardiña que é a primeira achega, mais agardo que non a derradeira.

Así que teña a ben presentarse a si mesmo:
“Pois que dicir de min.. levo dende os 18 anos tocando e veño do mundo tradional e popular. Agora estou rematando os estudos de Grao Profesional para Gaita Galega, e gustariame compartir as miñas tolerias que xurden na cachola… para que a xentiña baile, toque, e desfrute, como sempre foi…”

Recordade que para proceder á descarga da partitura tedes que clicar nos enlaces de abaixo, non na figura da partitura.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Xota da sardiña – RE

Xota da sardiña – DO

Xota da sardiña

Valses

Valse do repertorio de Os Rosales

Hoxe quero compartir con o outro dos valses que eu  coñezo de Os Rosales. A este non lle sei o título, nin siquiera sei se o ten, pero se alguén pode aportar datos sobre o tema benvidos son.

Según me comenta Domingo Casáis a traves do Facebook, esta peza é coñecida pola zona do Barbanza e polo propio Xosé Romero como “Valse vello”. Moitas grazas polo dato, Domingo.

Animádevos con èl e a disfrutalo.

Valse do rep, de Os Rosales – RE

Valse do rep, de Os Rosales – DO