Hoxe quero compartir con vós unha nova peza da miña autoría. Neste caso trátase dun pasodobre-muiñeira, No meu cachiño, nacido durante o periodo de cuarentena polo Covid-19 mentras me atopo no “meu cachiño”.
Hoxe quero compartir con vós unha nova peza de Ramón Pazos Marcote.
Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “Ximauma“.
Esta incluido no primeiro traballo de Abróbriga, que leva por título “Foliada en Baiona” e está adicado polo autor ós seus fillos Mauro e Marta.
Quero agradecer a Albino González Pereiro a seu traballo, tanto na edición das partituras como na xeración dos arquivos de audio.
Hoxe quero compartir con vós unha peza do repertorio do grupo vigués Airiños do Parque de Castrelos. Trátase do coñecido, pero non sempre ben interpretado, Valse dos vellos.
Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira titulada “Finiña dos meus amores“, do compositor Emilio Rey, moi presente no repertorio tanto de “Os Montes“, de Lugo, como no de “Os irmáns Garceiras” de Melide, aunque con certas variacións, tentando con esta publicación alonxar as dúbidas existentes tanto no título como na execución da mesma.
Hoxe quero compartir con vós unha nova colaboración de Albino González Pereiro.
Nesta ocasión trátase dunha marcha de procesión titulada San Roque´s dog, que foi composta, según relata o propio autor, “recordando aquelas procesións que de neno, na carballeira de San Roque (Vigo), onde ano tras ano, fun detrás do Can de San Roquiño; moito ollaba para el, e mira ti por onde…”
Peza adicada o Can de San Roque composta o 29 de xullo do 2016.