Marchas

¡Adeus!, Marcha Fúnebre

Hoxe quero compartir con todas e todos vós unha peza miña que para min ten un carácter moi especial: é a única marcha fúnebre para gaita que coñezo.

Gostaríame adicala a todas e todos as/os que se foron neste mundo da gaita.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

¡Adeus!, Marcha Fúnebre – Roberto Caridad Otero

adeus-marcha-funebre-roberto-caridad-otero

Muiñeiras

Muiñeira de Santa María de Oleiros

Hoxe imos cunha muiñeira tradicional titulada Muiñeira de Santa María de Oleiros, do repertorio de Os Cinco de Galicia, grupo que contaba “en nómina” nada menos que con Leonardo Corral, Xesús Vázquez Pedrares, Edmundo Vilariño; X. Luís Corral e Arturo Mato “O Garceiras “.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira de Santa María de Oleiros

muinheira-de-santa-maria-de-oleiros

Xotas

Xota Alegre

¿Qué tal escomenza-lo ano cunha xotiña ben “alegre”? Pois que millor maneira que ca Xota Alegre, do grupo Os Alegres, de Pontevedra, o mais antergo en activo, nada menos que dende 1939, ano en que foi fundado polo gaiteiro Alejo Aboal, e que na actualidade dirixe o seu fillo, Dionisio Aboal.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Xota Alegre, do repertorio de Alejo Aboal

xota-alegre

Alboradas

Alborada de Curtis

Hoxe imos cunha das miñas pezas favoritas: a Alborada de Curtis, de Xosé Casal. É unha das pezas que mais tempo leva no meu repertorio, xa dende os tempos de Brisas do Mar, onde tocaba co meu irmán Manolo, e non había alborada que non escomenzase con esta fermosa peza. Esta partitura está editada tal como a escribiu o autor, respetando a ornamentación proposta por él.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Alborada de Curtis, Xosé Casal

alborada-de-curtis-xose-casal