Pasodobres

No bo camiño

Hoxe quero compartir con vós outra peza miña. Nesta ocasión trátase dun pasodobre titulado “No bo camiño”, adicado a Xesús Miranda Iglesias, artesán de gaitas -entre outras moitas as miñas- e outros instrumentos tradicionais galegos asentado en Arteixo (A Coruña).

Neste enlace poderedes escoitalo secuenciado polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con él e a disfrutalo.

No bo camiño, pasodobre – Roberto Caridad Otero

no-bo-caminho-pasodobre-roberto-caridad-otero

Rumbas

Rumba dos Anaquiños

¡Hoxe estou feliz e ilusionado¡ Comparto a primeira achega dun compositor que se animou a mandarme unha peza. Trátase da Rumba dos Anaquiños, de Xesús Díaz. Está adicada polo autor a os seus ex-compañeiros/as do Centro Galego de Mallorca e gravada polo seu grupo, Donicelas, de Salceda de Caselas. Tamén me fíxo chegar o enlace para poder vela no Spotify:

Donicelas, Rumba dos Anaquiños.

¡Moitas grazas pola achega, Xesús!

Animádevos con ela e a disfrutala.

Rumba dos Anaquiños, Xesús Díaz. Partitura

rumba-dos-anaquinhos-xesus-diaz

Marchas procesionais

De Visma ó Portiño

Parece que hoxe estamos “de marchas”. Esta vez outra peza miña, nesta ocasión adicada á Procesión da Vixen do Carme que se realiza dende a Igrexa de San Pedro de Visma ata O Portiño (A Coruña) e na que en algunha ocasión teño participado co meu añorado Brisas do Mar.

Neste enlace poderedes escoitala secuenciada polo meu irmán Manolo. ¡Grazas irmán!

Animádevos con ela e a disfrutala.

De Visma ó Portiño – RE

De Visma ó Portiño – DO

de-visma-o-portinho-marcha-de-procesion-roberto-caridad-otero