Fandangos

Pra ningures

Hoxe quero compartir con vós outra peza do afamado “Gaiteiro Nubeiro”. Nesta ocasión trátase do fandango galego “Pra ningures”, composto por Raúl Galego García no ano 1981.

Como ben sabedes, Raúl naceu en San Pedro de Ferreiroa, Agolada (Pontevedra), pero leva moitos anos vivindo na Coruña, anque viaxando por toda Galiza -diría mais ben por todo o mundo- espallando a nosa cultura.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Pra ningures, fandango – Raúl Galego

pra-ningures-fandango-raul-galego

Muiñeiras

Muiñeira da Cañiza

Xa que hai uns dias falamos deste gran gaiteiro da Coruña, Henrique Ambite Montero, hoxe quero compartir con vós unha muiñeira do seu repertorio: a Muiñeira da Cañiza.

Henrique Ambite Montero (1913 – 1998) naceu en Visma (A Coruña). Foi co – fundador de Aturuxo, colaborador de Follas Novas e da Agrupación de Coros y Danzas de la Sección Femenina de La Coruña. Tamén acadou bastante sona co seu cuarteto “Os do Couto”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira da Cañiza

muinheira-da-canhiza