Foliadas

Foliada de Ortigueira

Hoxe quero compartir con vós unha foliada composta polo músico nado en Ortigueira no ano 1917, Domingo Andrés Matínez Vieito.

“Haiche duas que destacan das cousiñas de Ortigueira…”

Animádevos con ela e a disfrutala.

Foliada de Ortigueira – RE

Foliada de Ortigueira – DO

Primeira voz

Segunada voz

Dúo

Foliada de Ortigueira

Xotas

Lembranzas do gaiteiro

Hoxe quero compartir con vós unha xota do gran gaiteiro e compositor Henrique Otero Covelo, “O Gaiteiro do Fragoso”, titulada “Lembranzas do gaiteiro”.

Henrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), foi fundador do cuarteto “Os Cruceiros” -entre outros-, onde forma “parella de gaita” con Xesús Portela,  acadando moita sona con él. No ano 1971 convírtese no primeiro mestre de gaita do Conservatorio de Vigo.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Lembranzas do gaiteiro, xota – Henrique Otero Covelo

lembranzas-do-gaiteiro-xota-henrique-otero-covelo

Muiñeiras

Muiñeira das Mariñas

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa e sinxela peza composta polo gaiteiro nado en Negreira, Xesús Vázquez Pedrares. Como xa comentei noutro post, foi un dos gaiteiros do coñecido quinteto “Os Cinco de Galicia” e tamén de Cántigas da Terra.

A peza en cuestión é a “Muiñeira das Mariñas” tamén coñecida por “Muiñeira de Viceso”.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Muiñeira das Mariñas, Xesús Vázquez Pedrares

muinheira-das-marinhas-xesus-vazquez-pedrares

Marchas procesionais

Marcha procesional dos Mato

Onte tivemos coñecemento da lutuosa nova do pasamento do grandísimo gaiteiro Antonio Mato Rial.

Mato, como era coñecido no mundo gaiteiro, naceu en Arzúa no ano 1921, anque se trasladou de moi neno ó lugar de Sar – Escuadro, do concello de Silleda (Pontevedra). Foi gaiteiro de Cántigas da Terra durante vintecinco anos e fundador e alma máter do cuarteto “Os Mato” da Coruña.

Vaia a miña pequena homenaxe a este Gaiteiro a través da publicación desta marcha de procesión do seu repertorio.

Marcha procesional dos Mato

marcha-procesional-dos-mato