Fandangos

Fandango para dúas gaitas

Hoxe quero compartir con vós unha peza do coñecido artista Xosé Casal. Nado no Concello de Curtis no ano 1942, non só destacou como gaiteiro, senón tamén como pintor, escultor, cantante, compositor e incluso como artesán de gaitas, moitas delas cunhas tallas espectaculares. Tamén destacou moito na sua faceta como director de coros, orfeóns, rondallas, etc, por non falar do recoñecido cuarteto Brisas da Cruña, formado por Miguel Anxo López Paradela e él mesmo nas gaitas e Manolito e Antón Ambite no tamboril e no bombo.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Fandango para dúas gaitas, Xosé Casal

fandango-para-duas-gaitas-xose-casal

Xotas

Xota de Paradela

Hoxe quero compartir con vós unha fermosa xota composta por Miguel A. López Paradela. Trátase da xa bastante coñecida Xota de Paradela, dedicada por Miguel Anxo o seu coñecido tío Francisco “Farruco” Paradela, (A Coruña, 1909-2009).

Este enlace condúcevos ó blog persoal de Miguel Anxo, onde podedes obter mais datos sobre a súa vida.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Xota de Paradela, Miguel Anxo López Paradela

xota-de-paradela-miguel-anxo-lopez-paradela

 

 

Pasodobres

Aires de Bergantiños

Hoxe quero compartir con vós un pasodobre dos acordeonistas Irmáns Moreira,  non moi coñecido no repertorio gaiteiro: Aires de Bergantiños. Neste caso trátase dun pasodobre con letra.

Ademais da partitura ca letra, deíxovos tamén un recorte do diario “La Opinión” onde tedes unha pequeña explicación de quen eran estes acordeonistas.

A transcripción da peza está feita polo meu irmán Martín -moitas grazas, Martín- a partir da grabación contida no CD editado por Ouvirmos.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Aires de Bergantiños, pasodobre – Irmáns Moreira

Irmans Moreira – La Opinión

aires-de-bergantinhos-pasodobre-irmans-moreira