Polcas

Polca do Bliadoiro

Hoxe quero compartir con vós unha polca do repertorio de Os Areeiras de Catoira titulada “Polca do Bliadoiro”.

Ramón Sumay forma Os Areeiras de Catoira no ano 1940, nome que fai referencia ó lugar de O Areal, de onde procedía a familia. A formación inicial completábase con Tito Sumay na gaita, Agustín Sumay na caixa e Alfonso Díez, “O Zapateiro”, no bombo.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Polca do Bliadoiro, do repertorio de Os Areeiras de Catoira

polca-do-bliadoiro-rep-os-areeiras-de-catoira

Muiñeiras

Buxos verdes

A beleza do sinxelo… Hoxe quero compartir con vós unha muiñeira composta polo gran artesán e gaiteiro Basilio Carril Fernández nado no ano 1914 en Arzúa. De neno trasládase a vivir a Santiago, onde desenrolou toda a súa vida profesional como artesán de instrumentos tradicionais galegos. Tiven a sorte de tocar bastante tempo cun punteiro de Do feito por él, e tamén cun de La, ambos propiedade do meu irmán Manolo, e podo asegurarvos que tiñan algo especial… Moi bo timbre, moi boa afinación, incluso no modo menor, e ese xeito de vibrar entre as mans ó tocar…

Formou parella de gaita durante moitos anos con Xoán Bello Mallou, tanto en Cantigas e Agarimos como en formación de cuarteto.

Por desgracia, Basilio deixounos bastante novo, no ano 1974, á idade de 60 anos.

Neste marabilloso vídeo de principios dos anos 70 producido por Antonio Docampo, podedes ver a Basilio traballando no seu taller da Rúa San Pedro, en Santiago de Compostela.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Buxos verdes (RE)

Buxos verdes (DO)

buxos-verdes-muineira-basilio-carril