Marchas · Muiñeiras

Farruquiña, chaman á porta

Hoxe quero compartir con vós unha peza clásica do repertorio gaiteiro: trátase dunha marcha-muiñeira titulada “Farruquiña, chaman á porta”, dos insignes “Gaiteiros de Soutelo de Montes”

Avelino Cachafeiro Bugallo (26 de mayo de 1899 – 13 de abril de 1972), coñecido polo alcume de “O Gaiteiro de Soutelo”, nace en Soutelo de Montes, concello de Forcarei, Pontevedra. De familia de gaiteiros, foi o fundador  e alma máter de Os Gaiteiros de Soutelo cos que percorreu toda Galiza, así como Buenos Aires, Montevideo, Brasil, Barcelona ou Madrid. Tamén temos constancia da sua inmensa calidade ó conservarse varias grabacións de pezas do seu repertorio.

O grupo estaba formado polos seus irmáns Castor na gaita, Bautista na caixa e o seu pai Fermín no bombo. Tamén solía unirse a eles a súa tía Andrea co pandeiro.

Animádevos con ela e a disfrutala.

Farruquiña, chaman á porta, do repertorio de Os Gaiteiros de Soutelo

Farruquiña, chaman a porta, do repertorio de Os Gaiteiros de Soutelo

Valses

Valse de Mercurín

Hoxe quero compartir con vós un fermoso valse do repertorio do “Gaiteiro de Vilaverde”, Manuel Viqueira Vieites, titulado Valse de Mercurín.

Manuel nace en Vilaverde (Ordes) no ano 1929, e xa dende moi neno sinte paixón pola música e comenza a construir as súas primeiras gaitas de alcacén. Despois de pasar por varios cuartetos con bastante sona da zona de Ordes, como “Os Gaiteiros do Xulio”, “Os de Buscás”, “Os da Fraga”, rematou formando seu propio cuartero: “Os Viqueiras”, composto por él mesmo e tres dos seus fillos: Manolo, Paco e Fernando.

Manuel deixounos, por desgracia, en febreiro do 2015, á idade de 85 anos.

Animádevos con él e a disfrutalo.

Valse de Mercurín, do repertorio de Manuel Viqueira Vieites

valse-de-mercurin